Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.188

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (243/1992).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo executivo número 243/1992, seguidos por instancia de Calefacción y Fontanería Garabal, S.L., representada polo procurador Paz Montero, contra Construcciones Erolo, S.L., se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela a tres novembro de mil novecentos noventa e dous. Ángel Pantín Reigada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco desta cidade, vistos os presentes autos executivos, promovidos polo procurador Paz Montero en nome e representación de Calefacción y Fontanería Garabal, S.L. contra Construcciones Erolo, S.L. sobre reclamación de cantidade:

Decido que debo mandar e mando segui-la execución adiante ata facer remate dos bens embargados e dos que no sucesivo poidan embargarse á parte demandada Construcciones Erolo, S.L. e co seu producto facer enteiro e cumprido pagamento á actora da suma reclamada de 7.012.220 ptas. de principal e mailas 600.000 ptas. que se calculan para xuros, gastos e custas con imposición das custas causadas á demandada. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que conste e sirva, de notificación ó demandado rebelde Construcciones Erolo, S.L. mediante

a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela a vintecatro de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado