Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.187

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (243/1992).

María Manuela Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que en virtude do acordado nos autos de xuízo executivo número 243/1992, sobre reclamación de cantidade, sendo demandante Calefacción y Fontanería Garabal, S.L., e demandado Construcciones Erolo, S.L., sendo a contía do asunto a de 7.012.220 pesetas de principal, máis 600.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas. Por auto do 23 de setembro de 1993 acordouse a mellora do embargo sobre bens do demandado e polo presente edicto notifícaselle ó demandado rebelde en paradoiro descoñecido o embargo dos seguintes bens:

-Dun edificio sito en Avda. Rosalía de Castro, lugar do Milladoiro.

-Número nove, local comercial da planta baixa, sinalado co nº 7 duns 20 m.

-Número cincuenta e dous, rocho sinalado co nº 21, situado na planta baixo cuberta duns 13 m.

-Número cincuenta e catro, rochos sinalados cos números 16 e 24 situados na planta baixa cuberta dunha extensión duns 30 m.

-Dun edificio sinalado no nº 96 da avenida Rosalía de Castro, lugar do Milladoiro:

Número trinta e catro. Vivenda letra A da planta 5ª. Extensión 49 m e 32 dm. Ten o seu acceso polo portal II e como anexo o rocho nº 8.

Número corenta e dous. Vivenda letra C da planta terceira, dunha extensión de 80 m e 85 dm. Ten o seu acceso polo portal nº II como anexo o rocho nº 51.

Número corenta e cinco. Vivenda letra D da planta primeira, dunha extensión de 82 m e 45 dm . Ten o seu acceso polo portal nº II e como anexo o rocho nº 49.

-Dun edificio sito na avenida Rosalía de Castro, lugar do Milladoiro-Ames as seguintes:

Número dous, local de planta baixa dunha extensión de 183 m.

Número tres, vivenda letra A da primeira planta, dunha extensión de 90 m.

Número catro, vivenda letra B da primeira planta dunha superficie de 43 m.

Número cinco, vivenda letra C da primeira planta, dunha extensión de 42 m e ten como anexo o rocho nº 12.

Rústica, parcela de terreo de 495 m en Seidón, O Milladoiro, Ames, Inscrita no folio 220, libro 179, tomo 740, predio 17.745.

Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben do demandado, sen requirimento previo de pagamento por descoñece-lo seu domicilio.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado Construcciones Erolo, S.L., expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 23 de xaneiro de 1995.

O secretario

Rubricado