Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.187

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (367/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que nos autos e medidas provisionalísimas tramitados neste xulgado co número 367/1994 se dictou auto co encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela, vinteún de febreiro de 1995. Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de medidas provisionalísimas anteriores á petición de separación seguido neste xulgado co número 367/1994, no que actuaron como partes, como demandante María Delia García Bugallo, maior de idade e veciña de Santiago de Compostela, e como demandado José María Sieiro Toubes, maior de idade e ausente no estranxeiro.

Parte dispositiva. Que debo acordar e acordo como medidas provisionalísimas previas ó xuízo de separación que se lle concede á esposa o uso exclusivo da vivenda familiar sita en Ramón Cabanillas, 12, de Santiago de Compostela. Contra esta resolución non cabe recurso ningún e quedará sen efecto se no prazo de un mes desde a súa notificación á parte promovente, esta non presenta demanda de separación.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado José María Sieiro Toubes, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vintedous de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado