Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.186

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (248 e 391/1992).

María Manuela Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago constar que neste xulgado se tramita xuízo verbal civil nº 248/1992 e 381/1992, acumulados, nos que se dictou a sentencia que no seu encabezamento e decisión é do teor literario seguinte:

Setencia. En Santiago de Compostela, o 21 de outubro de 1994, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil verbal seguido neste xulgado co número 248/1992 e 391/1992 acumulados, no que actuaron, no primeiro deles, como demandante, a entidade mercantil Empresa Monforte con domicilio social en Lugo, representado polo procurador dos tribunais Antonio Cuns Núñez e asistido polo letrado José Luis Fiuza Diego, e como demandados Valentín Martínez Llera, maior de idade e con domicilio en Santiago, representado pola procuradora dos tribunais Soledad Sánchez Silva, e a entidade aseguradora Schweiz, con domicilio social

en Barcelona, non comparecida nas actuacións, en reclamación de cantidade. Séguese o segundo procedemento por demanda de Valentín Martínez Llera coas circunstancia e representación e defensa citadas, e como demandados a entidade mercantil Empresa Monforte, Manuel Diéguez Pérez, maior de idade e veciño de Lugo, e Multinacional Aseguradora con domicilio en Lugo, os dous últimos non comparecidos nas actuacións e declarados en rebeldía, en reclamación de cantidade,

Decido que debo condenar e condeno solidariamente a Manuel Diéguez Pérez, á Empresa Monforte, S.A. e a Multinacional Aseguradora, S.A. a que indemnicen a Valentín Martínez Llera en 126.575 por danos e en 40.000 pesetas por prexuízos, e mailos xuros anuais do 20% de tales sumas desde a data do accidente a cargo da aseguradora, con imposición das custas do xuízo ós demandados condenados. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación perante a Audiencia Provincial neste xulgado no prazo de 5 días desde a notificación mediante escrito de formalización do recurso formulado conforme dispón o vixente artigo 733 LAC. Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Rubricado ilexible.

E para que así conste e sirva de notificación a Manuel Diéguez Pérez, en ignorado paradoiro, declarado rebelde, e con último domicilio coñecido en Lugo, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o 1 de febreiro de 1995.

O secretario

Rubricado