Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.186

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (104/1993).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de xuízo executivo número 104/1993 seguidos neste xulgado, dictouse sentencia que no seu encabezamento e parte dispostiva di:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, tres de novembro de mil novecentos noventa e catro. Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo número 104/1993, promovidos por Caixa de Aforros de Galicia, e defendida polo letrado Rafael Pardo Peder

nera, contra Carmen Ourens Garrido e José María Furno, declarados en rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

E que a súa parte dispositiva di: que debo mandar e mando segui-la execución adiante, ata facer remate nos bens embargados e que no sucesivo poidan embargarse ó debedor Carmen Ourens Garrido e José María Furno e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor da cantidade de 1.251.031 pesetas de principal, máis 750.000 pesetas calculadas; sen prexuízo de liquidación definitiva, para xuros, gastos e custas causadas e que se causen, as cales expresamente lle impoño á parte demandada. Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións, incluíndose a orixinal ó libro de sentencias. Contra esta resolución cabe interpor ante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días. Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ós demandados na forma e xeito que a lei prevé para os rebeldes, definitivamente xulgando o pronuncio, mando e asino.»

E para que conste, para a súa presentación no DOG, co fin de que que sirva de notificación en forma ós demandados Carmen Ourens Garrido e José María Furno, libro o presente edicto en Santiago de Compostela o, vintetrés de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario do xulgado

Rubricado