Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.185

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (319/1994).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario da Administración de Xustiza, con destino no Xulgado de Instrucción número tres desta cidade, dou fe de que nos autos ós que se fará mención se dictou a sentencia que ten o seguinte encabezamento e parte dispositiva:

En Santiago de Compostela, trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

En nome de S. M. o Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 319/1994, dimanante do procedemento seguido por ameazas, no que foron parte ademais do ministerio fiscal, María Esther Barreiro Cebey (denunciante), con domicilio en Ínsua, Luou, Teo; Mario Mello Rey (denunciado), con paradoiro descoñecido.

Decido que debo condenar e condeno a Mario Mella Rey como autor dunha falta do artigo 585-3º do Código Penal con pena de tres días de arresto menor.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación perante este xulgado ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría a disposición das partes (o recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da L.A. Criminal), e da que se lles unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioa, mándoa e asínoa.

De conformidade co disposto no artigo 248-4ª da Lei orgánica do poder xudicial do 1 de xullo de 1985, contra a presente resolución poderán as partes interpor recurso de apelación para o xulgado, de instrucción, dentro de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a María Mella Rey, con paradoiro descoñecido, expido e asino o presente testemuño, en Santiago de Compostela, vintetrés de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado