Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.185

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

CÉDULA de emprazamento (139/1994).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia, nos autos de declarativo de menor contía, número 139/1994, promovido por José Queiruga Sobrido e María Esther Vila Cameán, representado por Carlos Liñares Martínez, contra María del Pilar Vila Cameán, Elena Vila Cameán, María Manuela Vila Cameán, Miguel Fariña Riveiro, José Luis Vila Cameán, Juan Vila Cameán, María Dolores Vila Cameán, Blanca Vila Cameán, Lidia Vila Cameán a herdeiros de Juana Vila Cameán, emprázanse os herdeiros descoñecidos e incertos de Juana Vila Cameán co fin de que no termo improrrogable de dez días comparezan en xuízo, coa prevención de que, de non verificalo, recaerán sobre eles os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Para que sirva de emprazamento ós herdeiros descoñecidos e incertos de Juana Vila Cameán, expido esta cédula en Noia o tres de novembro de mil novecentos noventa e catro.

A secretaria

Rubricado