Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.185

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (183/1994-A).

Violeta Reboredo Otero, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa (A Coruña), da fe e testemuño de que nos presentes autos de xuízo de faltas número 183/1994, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

Sentencia. En Arzúa o vintedous de febreiro de mil novecentos noventa e cinco, Dolores de los Ríos Andérez, xuíza desta vila e do seu partido, viu os presentes autos de xuízo de faltas núm. 183/1994, no que son parte ó ministerio fiscal en representación da acción pública e como denunciantes-denunciados, José Vázquez Penas, maior de idade, en ignorado paradoiro e José Ramón Gil Furelos, maior de idade, veciño de Melide, con domicilio na avenida da Habana,

Decido que debo condenar e condeno a José Vázquez Penas como autor material e directo da falta prevista e penada no artigo 582.1 do Código penal á pena de 1 día de arresto menor domiciliario e a que indemnice a José Ramón Gil Furelos na cantidade de sete mil pesetas (7.000 ptas.), todo isto con expresa condena en custas.

Notifíquese a presente resolución ó ministerio fiscal e ás partes que interveñen nel.

A presente sentencia non é firme e contra ela cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, a cal deberá ser formulada por escrito e debidamente fundamentada.

Así por esta miña sentencia, xulgando en primeira instancia, e da que se unirá certificación literal ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma ó denunciante-denunciado José Vázquez Penas, expido, selo e asino o presente edicto en Arzúa o vintetrés de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado