Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.171

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 27 de febreiro de 1995 pola que se aproba o Plan de Inspección Sanitaria para 1995.

O Decreto 126/1992, do 14 de maio, sobre ordenación das funcións de inspección de servicios sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 5 que «o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, por proposta do secretario xeral, aprobará, no mes de xaneiro de cada ano, o Plan Anual da Inspección Sanitaria, onde estarán definidos os obxectivos e programas de actuación para ese período».

A Orde do 1 de xullo de 1992 pola que se aproba o Plan de Inspección para o segundo semestre de 1992 pretendía ser un primeiro intento do establecemento de obxectivos para este colectivo.

O Plan de Inspección para 1993 inclúe as actividades para todo o ano, e o Plan de 1994 introduce a novidade da planificación de actividades de acordo coa nova estructura periférica da Inspección Sanitaria pola que se crean catro unidades funcionais no ámbito provincial.

Unha vez consolidado o funcionamento das Unidades de Inspección Sanitaria ó longo de 1994, considérase de interese para o ano 1995 fixar obxectivos e actuacións que de acordo coa estructura central e periférica, e tendo en conta a dispoñibilidade dos recursos existentes, supoñan un paso adiante nas actividades xa iniciadas no ano 94, así como a asunción de novos obxectivos ata agora non formulados.

Con esta idea enfócase o Plan de Obxectivos para 1995, potenciando a nivel central por unha parte as actividades de desenvolvemento e planificación da inspección, e por outra, a avaliación dos servicios e centros de maior interese na Comunidade Autónoma. A nivel periférico preténdese desenvolver programas que posibiliten o maior aproveitamento de recursos materiais e humanos de cada unidade e fixar obxetivos cara ó seguimento e avaliación da asistencia sanitaria no ámbito provincial.

O Decreto 198/1994 polo que se establece a nova estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e o Decreto 199/1994 do Servicio Galego de Saúde introducen entre outras novidades a idea da separación entre as funcións do financiador, que lle corresponden á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e as de prestación dos servicios que lle corresponden ó Servicio Galego de Saúde; o que se traduce nun compromiso anual de actividade para este último.

Neste contexto é indubidable a importancia que adquiren as funcións de inspección e avaliación da asistencia prestada no ámbito do Servicio Galego de Saúde, xa sexa con recursos propios ou concertados, así como a responsabilidade da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais como órgano garante do cumprimento dos criterios mínimos de calidade establecidos para o exercicio de calquera actividade de carácter sanitario.

Todo isto unido á inquietude manifesta actualmen

te en todo o Estado en relación co control do gasto farmacéutico, que supón unha especial preocupación en Galicia dada a evolución seguida nos últimos anos, así como as novidades que se introducen en materia de saúde laboral, determinan a conveniencia de que para o ano 1995, o Plan de Inspección Sanitaria se centre fundamentalmente na elaboración de programas dirixidos ós aspectos xa nomeados: a avaliación de servicios, a inspección de centros sanitarios de titularidade privada cara ó cumprimento dos criterios mínimos para o exercicio da súa actividade, o control do gasto farmacéutico e o desenvolvemento da saúde laboral no actual marco lexislativo.

As unidades de inspección, ademais dos obxectivos específicos na súa provincia participarán na realización dos programas e actuacións que lles sexan solicitados pola secretaría xeral da consellería.

Por todo isto e considerando as fluncións de inspección dos servicios, centros e organismos dependentes ou adscritos á consellería, atribuídas no artigo 4 do Decreto 198/1994 á secretaría xeral, e a conveniencia de que estas teñan un carácter programado, a proposta do secretario xeral

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Apróbase o Plan de Inspección Sanitaria para 1995, publicándose como anexos I e II da presente orde.

Artigo segundo.-A memoria anual de actividades da Inspección Sanitaria correspondente a 1995 elaborarase tendo en conta os resultados dos programas incluídos neste plan.

Os servicios de inspección e asistencia sanitaria das direccións provinciais do SERGAS, remitirán antes do día 30 de xaneiro de 1996 a memoria correspondente á inspección na súa provincia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

PLAN ANUAL DE INSPECCIÓN

SANITARIA PARA 1995

OBXECTIVOS DA INSPECCIÓN CENTRAL

I.-SAUDE LABORAL.

1.-Continua-la elaboración e difusión periódica da información relativa á incapacidade temporal nos centros asistenciais e administrativos do SERGAS, de acordo coa operativa prevista no Plan de Inspección 1994.

2.-Impulsa-la obtención a nivel central da información relativa ó gasto por incapacidade temporal nos centros do SERGAS. As actuacións para o logro desta obxectivo faranse de acordo coa Dirección Xeral de Recursos Humanos mediante:

2.1.-A determinación e unificación dos criterios para o cálculo do gasto por incapacidade temporal.

2.2.-A obtención mensual nos servicios centrais da información referente ó gasto por incapacidade temporal nos centros propios da rede sanitaria.

3.-Estudia-la morbilidade do perseal do SERGAS como causa da incapacidade temporal.

4.-Impulsa-lo control da incapacidade temporal do persoal da Administración autonómica, mediante a aplicación do programa informático da incapacidade temporal do SERGAS.

5.-O tratamento e análise mensual dos indicadores de incapacidade temporal na poboación xeral no ámbito da CC.AA. Preténdese:

5.1.-O tratamento informatizado das baixas nas catro unidades de Saúde Laboral coa aplicación do Programa da Incapacidade Temporal do SERGAS.

5.2.-A análise e comparación dos indicadores da poboación xeral cas obtidos nos centros do SERGAS.

6.-Informatiza-lo rexistro central dos Servicios Médicos de Empresa e Mutuas de Accidentes de Traballo con ámbito na Comunidade Autónoma.

7.-Impulsar e colaborar coas direccións provinciais do SERGAS na unificación das dependencias de tódolos efectivos das unidades de Saúde Laboral dunha mesma área de saúde nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

8.-Homexeneiza-los criterios de actuación do control da incapacidade temporal en tódalas unidades de Saúde Laboral, co fin de adaptalos ás novas disposicións nesta materia: Real decreto lexislativo 1/1994, polo que se aproba o novo texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, e a Lei 42/1994 de medidas fiscais, administrativas e de orde social, que introducen cambios trascendentes na xestión, control e inspección da incapacidade.

II.-INSPECCIÓN E AVALIACIÓN DE CENTROS E SERVICIOS:

1.-Avalia-la estructura, recursos, actividade e rendemento da Asistencia Sanitaria Urxente en Galicia.

2.-Estudio e avaliación sanitaria e económica do consumo de marcapasos na Comunidade Autónoma.

3.-Analiza-la orixe, motivo e custo das derivacións de pacientes para asistencia sanitaria fóra da Comunidade Autónoma. Estudiaranse os aspectos relacionados con:

-Patoloxías obxecto de derivación.

-Hospital e servicio de orixe.

-Hospital e servicio de destino.

-Gasto anual das derivacións no ano 95 e comparación co ano 94.

4.-Estudiar e avalia-lo custo xerado na Comunidade Autónoma, por probas diagnósticas complementarias en centros alleos concertados.

5.-Análise e avaliación semestral da asistencia sanitaria prestada polo SERGAS en centros e servicios alleos da Comunidade Autónoma.

6.-Análise e avaliación semestral do gasto xerado nas catro direccións provinciais do SERGAS en concepto de:

-Transporte sanitario.

-Osixenoterapia domiciliaria.

-Reintegro de gastos.

-Ortopróteses e cadeiras de rodas.

7.-Avalia-la calidade dos tratamentos de hemodiálise en centros propios e concertados polo Servicio Galego de Saúde.

8.-Estudiar e avalia-la calidade da asistencia sanitaria en atención primaria. Avaliarase:

-A actividade e rendemento dos E.A.P.

-O grao de satisfacción do persoal dos E.A.P.

9.-Estudio e avaliación do cumprimento das condicións estructurais e organizativas nos centros concertados polo SERGAS, establecidas nos correspondentes concertos.

10.-Inspeccionar, no 100% dos casos, a adecuación á normativa sanitaria vixente das entidades de seguro libre de asistencia sanitaria, con ámbito na Comunidade Autónoma.

11.-Audita-los hospitais da rede do SERGAS, para avaliación do pacto de actividade-orzamentos 1995 nos temas que solicite a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.

III.-PRESTACIÓNS FARMACÉUTICAS.

1.-Implanta-lo Programa de Seguimento da Prescrición de Antibióticos na Comunidade Autónoma para penicilinas, cefalosporinas e macrólidos (Grupo J01).

2.-Seguimento, coordinación e avaliación dos programas de inspección a desenvolver a nivel periférico.

3.-Estudio e valoración das propostas remitidas polas direccións provinciais relativas á racionalización da prestación farmacéutica.

4.-Constituír unha Comisión Central de Seguimento do Gasto Farmacéutico na Comunidade Autónoma, coa finalidade de analiza-lo gasto no ámbito extrahospitalario, propoñendo as medidas para a contención del. Este obxectivo levarase a cabo en coordinación coa Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, a Dirección Xeral de Organización Sanitaria e a Dirección Xeral de Recursos Económicos.

5.-Insta-la creación de cinco Comisións Territoriais de Farmacia, unha para cada xerencia, que dependendo da Dirección Provincial, levarán a cabo o seguimento do gasto farmacéutico extrahospitalario no seu ámbito de actuación, a posta en marcha das medidas para a súa racionalización. Formarán parte desta comisión, o director provincial, que a presidirá, o director xerente de Atención Primaria, o director asistencial, un inspector farmacéutico e demais persoal que propoña a Dirección Xerencia.

ANEXO II

PLAN DE INSPECCIÓN SANITARIA PARA 1995 OBXECTIVOS DAS INSPECCIÓNS PERIFÉRICAS

I.-SAÚDE LABORAL.

A) OBXECTIVOS COMÚNS A TÓDALAS UNIDADES PROVINCIAIS:

1.-Continuar co rexistro informático mensual dos indicadores de incapacidade temporal nos centros do SERGAS e a súa remisión na primeira quincena de cada mes ó Servicio Central.

2.-Iniciar no primeiro semestre deste ano os estudios de morbilidade como causa da incapacidade temporal no persoal do SERGAS.

3.-Unificar nunha única dependencia os efectivos humanos adscritos á Unidade de Saúde Laboral, nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

4.-Realiza-las actuacións pertinentes co fin de informar ós EAP sobre as novas disposicións en materia de incapacidade temporal, invalidez permanente e subsidio de maternidade.

5.-Reduci-los indicadores de absentismo nos centros do SERGAS.

-A Coruña: en atención primaria

-Lugo: en atención primaria e atención especializada.

-Ourense: en atención primaria.

-Pontevedra: en atención primaria e atención especializada.

6.-Inspecciona-los servicios médicos de empresa.

-A Coruña: visitas ós servicios médicos de empresa, dando prioridade ós creados a partir dos requirimentos efectuados por esa unidade no ano 94, e aqueles nos que se detectaron deficencias en anteriores inspeccións.

-Lugo: inspecciona-lo 50% dos servicios provinciais.

-Ourense: inspecciona-lo 50% dos servicios provinciais.

-Pontevedra: inspeccionar polo menos 12 servicios médicos no ano 95.

B) OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA CADA UNIDADE PROVINCIAL:

A CORUÑA

1.-Incrementa-las actuacións sobre os médicos prescritores das baixas laborais:

1.1.-Entrevistas persoais co 30% dos facultativos da provincia.

1.2.-Remitirlles mensualmente ós facultativos información relativa ós seus indicadores de incapacidade temporal en relación cas indicadores provincial e autonómico.

2.-Revisa-lo 100% dos asegurados en incapacidade temporal ós 12 e 18 meses da baixa.

3.-Resposta ó 100% das denuncias de empresa.

4.-Contesta-lo 100% das reclamacións de alta laboral.

5.-Mante-lo absentismo por incapacidade temporal nos centros do SERGAS nas porcentexes actuais, entre o 4 e 6% da taxa global.

6.-Visita-lo 100% das mancomunidades de nova creación e as non visitadas no último ano.

7.-Visitas de inspección ás empresas colaboradoras de nova creación e as que non envían ás unidades de Saúde Laboral a información regulamentaria.

8.-Tratamento informático dos partes de accidente de traballo e enfermidades profesionais remitidos polas mutuas, empresas autoaseguradoras e servicios médicos de empresa.

9.-Inspección e informe de cualificación de suficiencia ós centros asistenciais non visitados no ano 94.

LUGO

1.-Protocolización de criterios diagnósticos a seguir no control da invalidez.

2.-Revisa-lo 100% dos asegurados en incapacidade temporal ós 12 e 18 meses da baixa.

3.-Resposta ó 100% das denuncias de empresa.

4.-Contesta-lo 100% das reclamacións de alta laboral.

OURENSE

1.-Revisión no 100% dos casos ós 12 e 18 meses da incapacidade temporal.

2.-Resposta ó 100% das reclamacións das empresas.

3.-Resposta ó 100% das reclamacións de alta laboral.

4.-Centralizar nun arquivo único os expedientes de incapacidade temporal e invalidez permanente.

5.-Elimina-la demora existente na revisión de expedientes de invalidez.

6.-Incrementar nun 20% as visitas domiciliarias ós enfermos de incapacidade temporal.

PONTEVEDRA

1.-Impulsar a través da Dirección Provincial do SERGAS a constitución dunha comisión de seguimento da incapacidade temporal na que participarían representantes de Atención Primaria e da Inspección Médica.

2.-Inicia-la obtención de indicadores de absentismo en persoal da Administración autonómica.

3.-Reducir nun 30% a demora existente na revisión de expedientes de invalidez.

4.-Insta-la constitución do Servicio Médico de Empresas no 100% daquelas que tendo a obrigatoriedade non contan con el.

II.-CONCERTOS

A CORUÑA

1.-Avaliación semestral da actividade en centros

e servicios concertados da provincia, e remisión do informe correspondente ó Servicio Central de Inspección Sanitaria.

2.-Mellora-la calidade na recollida de datos da actividade nos centros concertados.

a) Comproba-lo dereito a asistencia prestada con cargo ó SERGAS no 100% dos centros concertados da Área Sanitaria da Coruña.

b) Coñece-lo custo por ingreso e paciente nos cenros concertados da Coruña e Santiago de Compostela.

3.-Posta en marcha do concerto singular do Hospital Xeral da Caridade.

4.-Avalia-lo rendemento de camas nos centros concertados da provincia.

LUGO

1.-Avaliación semestral da actividade en centros e servicios concertados da provincia e remisión do correspondente informe ó Servicio Central de Inspección Sanitaria.

2.-Informatiza-lo 100% da información relativa á actividade desenvolvida nos centros concertados.

3.-Continuar co seguimento mensual do custo e actividade procedente da lista de espera.

4.-Realiza-la avaliación do custo e utilización do TAC e RNM en centros concertados.

OURENSE

1.-Avaliación semestral da actividade en centros e servicios concertados da provincia e remisión do correspondente informe ó Servicio Central de Inspección Sanitaria.

2.-Avaliación da calidade en centros concertados:

a) Revisión dunha mostra das historias clínicas de pacientes asistidos nos centros concertados da provincia.

b) Enquisas de satisfacción posthospitalización co obxecto de identifica-las complicacións postoperatorias que xeran demanda.

3.-Continuar na delimitación de patoloxías para o pagamento por proceso.

PONTEVEDRA

1.-Avaliación semestral da actividade en centros e servicios concertados da provincia e remisión do correspondente informe ó Servicio Central de Inspección Sanitaria.

2.-Posta en marcha e seguimento do concerto de POVISA.

3.-Especial control e seguimento da lista de espera para cirurxía e consultas de especialidades.

4.-Incrementa-las actuacións de apoio e coordinación cos hospitais propios do SERGAS para hospitalización de cuidados mínimos.

5.-Enquisas de satisfacción posthospitalización nos centros concertados da provincia.

III.-PRESTACIÓNS E SERVICIOS COMPLEMENTARIOS

A CORUÑA

1.-Unificar na Dirección Provincial a xestión do transporte sanitario.

2.-Implantar un programa de transporte colectivo para tratamentos crónicos.

3.-Diseñar un programa que posibilite o control da avaliación mensual do gasto xerado polo transporte sanitario.

4.-Informar o 100% dos reintegros de gasto en concepto de material ortoprotésico facturado á Dirección Provincial.

5.-Revisar e desenvolve-los programas informáticos relativos a:

-Ortopróteses.

-Visado de receitas.

-Osixenoterapia domiciliaria.

6.-Finaliza-lo proceso de descentralización administrativa das prestacións.

7.-Diseño dun cadro de mandos que posibilite a xestión interna da unidade.

8.-Avaliación mensual do gasto nas prestacións complementarias para a súa remisión ós servicios centrais.

LUGO

1.-Xeralizar a toda a provincia o programa de transporte colectivo para enfermos crónicos.

2.-Establecer un protocolo de utilización de ambulancias para traslados programados, con avaliación semestral dos resultados obtidos.

3.-Establecer un protocolo para reintegro de gastos por desprazamentos interprovinciais en medios ordinarios e taxi.

4.-Estudio de osixenoterapia con concentradores na provincia de Lugo.

5.-Estudio sobre os distintos aspectos dos tratamentos de hemodiálise en centros propios e concertados, para a súa posterior avaliación.

6.-Estudiar e elaborar propostas referentes á recuperación das cadeiras de rodas.

7.-Avaliación mensual do gasto nas prestacións complementarias para a súa remisión ós servicios centrais.

OURENSE

1.-Explotación informática co 100% de aplicación de visado de receitas.

2.-Posta en marcha a explotación gradual da aplicación informática sobre canalización de pacientes ós distintos centros da provincia.

3.-Ampliación da información relativa a pacientes en osixonoterapia domiciliaria co fin de posibilita-lo estudio epidemiolóxico desta colectivo na provincia de Ourense.

4.-Avaliación mensual do gasto nas prestacións complementarias para a súa remisión ós servicios centrais.

PONTEVEDRA

1.-Estudia-lo circuíto administrativo das solicitudes e establecer procedementos que simplifiquen e axilicen a súa resolución.

2.-Diseñar un programa de recuperación de artigos de ortopróteses.

3.-Reordenación do transporte de pacientes para asistencia fóra da provincia.

4.-Consolidación do programa de transporte colectivo para pacientes en rehabilitación iniciado no ano 94.

5.-Resposta ó 100% das reclamacións.

6.-Implantación do novo programa informático de control de visado de receitas en sistema de rede para atención ó usuario.

7.-Iniciar en colaboración coas xerencias de atención primaria o Programa de Descentralización das Prestacións no relativo ó visado de receitas e P10, mediante correo interno, evitando desprazamentos ós asegurados.

8.-Establecer protocolos de actuación conxunta coa Unidade de Inspección de Farmacia para control da prescrición farmacéutica.

9.-Avaliación mensual do gasto nas prestacións complementarias para á súa remisión ós servicios centrais.

IV.-PRESTACIÓNS FARMACÉUTICAS

A CORUÑA

1.-Implantar e desenvolve-los programas informáticos relativos ó control de:

a) Distribución de receitas oficiais da Seguridade Social.

b) Distribución de receitas de estupefacientes.

c) Devolución de receitas con incidentes.

d) Reintegros de gastos de medicación non dispensable.

e) Tratamentos con hormona de crecemento.

2.-Remisión periódica ós facultativos de atención primaria de información sobre a súa prescrición farmacéutica, especificando os seus indicadores de prescrición, os correspondentes ó seu centro, ó seu municipio e ós provinciais, así como a súa desviación respecto a eles.

3.-Creación e posta en marcha de dúas Comisións de Farmacia e Terapéutica en Atención Primaria, unha por cada xerencia, co obxectivo de orienta-la utilización de medicamentos.

4.-Realizar un estudio sobre consumo de cueiros de incontinencia en residencias dependentes de Servicios Sociais, co obxecto de orza-la adquisición directa en 1996.

LUGO

1.-Cumprimento ó 100% dos criterios xerais da organización interna da unidade.

2.-Revisión cualitativa, cumprindo os criterios de calidade fixados, do 9,35% de promedio anual, do total das receitas facturadas e revisión cuantitativa do 1,2% da facturación.

3.-Remisión periódica ós facultativos de atención primaria de información sobre a súa prescrición farmacéutica, especificando os seus indicadores de prescrición, os correspondentes ó seu centro, ó seu municipio e ós provinciais, así como a súa desviación respecto a eles.

4.-Supervisión do cumprimento dos acordos dos comités sobre hormona de crecemento e sobre eritropoxetina.

5.-Continuar co control dos tratamentos con extractos hiposensibilizantes, psicótropos e calcitonina.

6.-Estudio das prescricións realizadas nos dous municipios de maior consumo farmacéutico.

7.-Realizar unha campaña de información ó cidadán sobre «Uso correcto do medicamento».

8.-Creación e posta en marcha da Comisión de Farmacia e Terapéutica provincial, co obxectivo de orienta-la utilización de medicamentos.

OURENSE

1.-Control e seguimento da visita médica nos centros de atención primaria.

2.-Avaliación da prescrición de absorbentes en Centros da Terceira Idade con vistas a orza-la adquisición directa para o ano 96.

3.-Control e avaliación da prescrición de extractos hiposensibilizantes.

4.-Control e avaliación da prescrición de ciclosporina.

5.-Control e avaliación da prescrición de interferóns.

6.-Remisión periódica ós facultativos de atención primaria de información sobre a súa prescrición farmacéutica, especificando os seus indicadores de prescrición, os correspondentes ó seu centro, ó seu municipio e ós provinciais, así como a súa desviación respecto a eles.

7.-Creación e posta en marcha da Comisión de Farmacia e Terapéutica provincial, co obxectivo de orienta-la utilización de medicamentos.

PONTEVEDRA

1.-Finaliza-lo programa de seguimento e control de contrastes de uroangiografía, desenvolto no último ano, con remisión dos resultados ós facultativos para a súa información.

2.-Finaliza-lo programa de seguimento e utilización de calcitonina iniciado no ano 93 con remisión de resultados ós facultativos para a súa información.

3.-Programa de información a facultativos en relación coas vantaxes da prescrición baixo xenérico

como medida orientada a conte-lo crecemento do prezo medio da receita sen mingua da calidade.

4.-Remisión periódica ós facultativos de atención primaria de información sobre a súa prescrición farmacéutica, especificando os seus indicadores de prescrición, os correspondentes ó seu centro, ó seu municipio e ós provinciais, así como a súa desviación respecto a eles.

5.-Programa de información a facultativos relativo á prescrición de especialidades cualificadas de «Baixa utilidade terapéutica» co obxecto de modera-la súa prescrición.

6.-Realizar un estudio da facturación dos efectos e accesorios co obxecto de modera-lo crecemento do gasto neste contixente, actuando sobre os grupos cunha maior porcentaxe na participación.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 1995.

Alberto Núñez Feijóo

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais