Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.156

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 80/1995, do 10 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica aérea, Pedra-Gándara, e da liña eléctrica aérea a C.T de Sobreira; ámbalas dúas no concello de Zas, provincia da Coruña. (Expedientes 52.502 e 52.644, respectivamente).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificación na r/ Fernando Macías nº 2 da Coruña, solicitou desta Consellería de Industria e Comercio, a concesión dos beneficios de expro

piación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución dos proxectos de construcción das liñas eléctricas aéreas seguintes: a) liña a 15/20 kV de 1.874 m de lonxitude, apoios de formigón e torres metálicas, en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. derivación ó C.T. Pedra e remate no apoio de derivación ós CC.TT. do Sisto e Gándara, no termo municipal de Zas (A Coruña); expediente número 52.502, e b) liña a 15/20 kV de 510 m de lonxitude, conductor LA-56, apoios de formigón e torres metálicas, con orixe na liña O Sisto-Gándara e final no C.T. proxectado en Sobreira, de 50 kVA, e tensión 15/20-0,380/0,220 kV, no mesmo termo municipal; expediente número 52.644.

As ditas instalacións autorizáronse, declaráronse de utitidade pública e aprobouse o seu proxecto de execución, a primeira por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 11-2-1993, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 24-3-1993, no BOP da Coruña do 1-4-1993, e no BOE do 14-4-1993; e a segunda, por resolución da mesma delegación provincial do 26-7-1993, a cal se publicou no DOG do 21-9-1993, no BOP do 31-8-1993 e no BOE do 6-9-1993.

As solicitudes de urxente ocupación fixéronse con base no disposto no artigo 31 do Regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función destas peticións, coas relacións de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse respectivamente para as citadas liñas eléctricas a) e b), no BOP da Coruña do 29-12-1994 e do 12-1-1995, no DOG do 4-1-1995, e no diario El Ideal Gallego», do 5-1-1995; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran nas ditas relacións.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu Regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se formularon alegacións nin se rexistrou incidente de ningún tipo.

Unha vez practicada, por técnicos da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, a inspección sobre o terreo seguindo os trazados aprobados para a instalación destas liñas, púidose comprobar que nos bens afectados sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación para os efectos da imposición de servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e 25 do Decreto 2.619/1966, nin lle son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Estímase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica Fenosa, S.A., xa que con estas liñas preténdese amplia-las redes de distribución de enerxía, para mellora-la subministración eléctrica nos sectores de establecemento

das instalacións e poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración nas ditas zonas, atendendo as constantes reclamacións polo mal servicio no sector e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para estas instalacións.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de marzo de mil novecentos noventa

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu Regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4º da lei citada, para realiza-las instalacións proxectadas e propostas por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., das liñas eléctricas aéreas, a) Pedra-Gándara e b) ó C.T. de Sobreira, así como os ocupados polo propio C.T. citado.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición, sitúanse no termo municipal de Zas (A Coruña), e son tódolos que figuran nas relacións presentadas pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que constan no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, dez de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio