Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.157

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3.824 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas (Begasa), con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, en solicitude de autorización para instalar C.T. edificio Marfher en Lugo, rúa Otero Pedrayo-Alcalde Ramiro Rueda, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunba á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas dernais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Begasa a instalación de liña de media tensión subterránea, 20 kV, cunha lonxitude de 220 metros Eprotenax, 1x150 mm ó C.T. Corula 104. Liña de media tensión subterránea, de 230 metros, cable Eprotenax 1x150 mm dobre circuíto ó C.T. Xulia Minguillón. Centro de transformación 2x400 kVA, 20.000±5%, 380/220 V.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 3 de novembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo