Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.156

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 79/1995, do 10 de marzo, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de alargamento e mellora da estrada PO-342, tramo Cela-Mosende.

Con data 16 de febreiro de 1995 o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

aprobou, o proxecto de trazado da obra de alargamento e mellora da estrada PO-342, tramo: Cela-Mosende.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración pola súa especial incidencia na mellora da seguridade vial.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de marzo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto das obras de alargamento e mellora da estrada PO-342, tramo: Cela-Mosende.

Santiago de Compostela, dez de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda