Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.156

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1995, da Comisión de selección para a obtención do diploma de inspección de servicios, convocado por Resolución do 9 de xaneiro de 1995 pola que se anuncia a valoración dos méritos xustificados polos aspirantes.

En sesión celebrada o día 22 de marzo de 1995 pola Comisión designada para a selección dos aspirantes ó curso para a obtención do diploma de inspección de servicios, convocado pola Orde do 9 de xaneiro de 1995 (DOG nº 12, do 18 de xaneiro de 1995), procedeuse á valoración dos méritos xustificados polos aspirantes.

A puntuación resultante da valoración atópase exposta no taboleiro de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, co obxecto de que os aspirantes, de conformidade coa base 8 da dita resolución, poidan formular no prazo de cinco días as alegacións que estimen convenientes.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1995.

Jaime Bouzada Romero

Inspector xeral de Servicios