Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.155

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 14 de marzo de 1995 pola que se nomean vocais das mesas autonómica e provinciais de control e seguimento da renda de integración social en Galicia.

O artigo 36 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, de medidas básicas para a inserción social, en concordancia cos artigos 80.1º e 81.1º do Decre

to 374/1991, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 9/1991, do 2 de outubro, dispón a constitución de dúas mesas, unha a nivel provincial e outra a nivel autonómico, que actuarán como órganos superiores do control e seguimento da aplicación da renda de integración social de Galicia, que estarán integradas cada unha delas, entre outros membros, por sete representantes das centrais sindicais máis representativas a nivel autonómico.

As normas de organización e funcionamento interno da Mesa Autonómica da Renda de Integración Social publicadas no Diario Oficial de Galicia do 23 de outubro de 1992, que rexerán tamén para as mesas provinciais, a teor do disposto no artigo 81.3º do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, establecen no seu artigo 7.2º que os nomeamentos e substitucións de tódolos membros da mesa publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, foi comunicada a esta consellería a proposta da Comisión Executiva da Central Sindical Unión Xeral de Traballadores -UXT-, acordando substituí-los actuais vocais titulares, así como os seus suplentes.

En consecuencia, en uso da facultade que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Primeiro

Nomear, en representación da Central Sindical Unión Xeral de Traballadores -UXT-, en substitución dos actuais, os seguintes vocais titulares e suplentes integrantes da Mesa Autonómica da Renda de Integración Social de Galicia:

a) Vocais titulares: José M. Díaz Abraira, Mercedes Reparaz Esnaola e Julia Martínez González.

b) Vocais suplentes: Benito Gama Calvo, Julián Vindel Sepúlveda e Manuel Martínez Barreiro.

Segundo

Nomear, así mesmo, en representación da Central Sindical Unión Xeral de Traballadores -UXT-, e en substitución dos actuais, os seguintes vocais titulares e suplentes das mesas provinciais da renda de integración social de Galicia:

1.-Mesa provincial da Coruña:

a) Vocais titulares: Mercedes Reparaz Esnaola, Miguel A. Cagigal Fariña e José Luis Sánchez Carro.

b) Vocais suplentes: Francisco Pena Anca e Mª Dolores Freire López.

2.-Mesa provincial de Lugo:

a) Vocais titulares: José Manuel Díaz Abraira, Eliseo Rivas Pernas e Antonio Viñas Arias.

b) Vocais suplentes: Margarita Flores Méndez, Ana Núñez Sanjurjo e Encarnación López Sequeiro.

3.-Mesa provincial de Ourense:

a) Vocais titulares: Raúl O. Varela Rúa, Marcial Cid Iglesias e Carmen Rodríguez Dacosta.

b) Vocais suplentes: Maravillas Calviño Cid, José L. Regal Lamelo e Luis Casanova González.

4.-Mesa provincial de Pontevedra:

a) Vocais titulares: Manuel Martínez Barreiro, Rosa Martínez García e Montserrat Couto Rodiño.

b) Vocais suplentes: Antonia Casarejos e Mª Jesús Recuña Pérez.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais