Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.152

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 3 de marzo de 1995 pola que se establecen os medios de control dos consellos reguladores das denominacións de orixe e dos órganos rectores das denominacións de calidade.

A Lei 25/1970, do 22 de decembro, do Estatuto da vide, do viño e dos alcois, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 835/1972, do 23 de marzo, integra os consellos reguladores das denominacións de orixe na Administración, como órganos desconcentrados desta, sinalando as súas obrigas respecto dos organismos dos que dependen.

Conforme co artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia e o Real decreto 4.189/1982, do 29 de decembro, sobre traspasos de funcións e servicios en materia de denominacións de orixe, viticultura e enoloxía e ensinanzas profesionais náutico-pesqueiras, as competencias atribuídas pola Lei 25/1970, do 22 de decembro, e o seu regulamento ó Instituto Nacional de Denominacións de Orixe (INDO) correspóndenlle á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes sen prexuízo da súa colaboración coa Administración central.

O Decreto 248/1983, do 15 de decembro, crea a denominación «producto galego de calidade» e o Decreto 69/1988, do 10 de marzo, regula a denominación «producto galego de calidade», con base na Lei 25/1970 e o Decreto 835/1972.

As dificultades atopadas na aplicación da normativa estatal e autonómica en materia de denominación de orixe e de calidade, tendo en conta as competencias asumidas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e as reservadas ó Estado, así como a necesidade de precisa-los mecanismos de control, fan necesaria unha normativa de desenvolvemento, co fin de que os consellos reguladores e órganos rectores poidan cumpri-las súas obrigas coa consellería dunha maneira máis precisa.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.4 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1.-

1.-Os consellos reguladores e os órganos rectores das denominacións de calidade situadas no territorio da Comunidade Autónoma están integrados na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes como órganos desconcentrados dela.

2.-En consecuencia, todas aquelas funcións non previstas no Regulamento das denominacións de orixe e de calidade serán realizadas polos consellos reguladores e órganos rectores coa autorización da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Artigo 2.-

1.-A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes poderá dirixi-las actividades dos consellos reguladores e órganos rectores mediante instruccións e ordes de servicio, de conformidade co artigo 21 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

2.-O incumprimento das instruccións ou das ordes de servicio non afecta por si só á validez dos actos dictados polos consellos reguladores ou órganos rectores, sen prexuízo da responsabilidade disciplinaria en que puidesen incorrer.

Artigo 3.-

1.-Os consellos reguladores e órganos rectores, de acordo co establecido nos seus regulamentos particulares, celebrarán reunións plenarias ordinarias ou extraordinarias.

2.-Nun prazo máximo de oito días naturais, contados a partir da data da reunión, deberán enviar á Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias copia da convocatoria e da orde do día para a dita reunión, xunto cun informe do secretario, co visto e prace do presidente, dos acordos tomados.

Artigo 4.-

Os consellos reguladores e órganos rectores enviarán puntualmente os informes que sinala a lexislación vixente e os seus regulamentos particulares, ademais de calquera outro que a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes lles requiran.

Artigo 5.-

l.-De acordo co establecido nos regulamentos particulares, os consellos reguladores e órganos rectores deben ter un programa para o control de calidade dos productos amparados, aprobado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

2.-No dito programa definirase coa maior amplitude e previsión posibles os parámetros que caracterizarán o producto que se vai amparar pola denominación.

O mencionado programa deberá incluí-las distintas accións a realizar polo consello regulador ou órgano rector, para comprobar que o producto reúne os parámetros anteriormente definidos, así como o cumprimento do establecido no regulamento particular.

Artigo 6.-

1.-Os consellos reguladores e órganos rectores, de acordo co establecido na Lei 25/1970 e nos seus propios regulamentos, elaborarán anualmente os seus orzamentos de ingresos e gastos que enviarán para a súa aprobación á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, antes do 15 de novembro de cada ano.

2.-A estructura dos ditos orzamentos axustarase ós criterios establecidos no artigo 49 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime finaceiro e presupostario de Galicia, utilizándose na súa confección os epígrafes recollidos no anexo desta orde.

Artigo 7.-

1.-Acompañando os orzamentos, os consellos reguladores e órganos rectores deberán envia-lo programa de actividades para o exercicio ó que se refire o orzamento e unha memoria explicativa, na que se detallarán os criterios de actuación, as cantidades unitarias, e todos aqueles datos que faciliten a correcta interpretación, de cada unha das partidas orzamentarias e os distintos programas.

2.-A memoria reflectirá de forma detallada as razóns e obxectivos que xustifiquen a creación de novas partidas ou partidas cun incremento superior ó 10% sobre o orzamento do exercicio anterior.

Artigo 8.-

Os consellos reguladores e órganos rectores dentro do mes seguinte a cada semestre natural presentarán un avance da execución do orzamento, así como do estado de execución dos programas, acompañado dun informe sobre a evolución da respectiva denominación.

Artigo 9.-

1.-No primeiro semestre de cada ano, os consellos reguladores e órganos rectores presentarán as contas xerais de gastos á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, para a súa remisión á Intervención Xeral da Xunta de Galicia, que realizará a oportuna fiscalización. Para este fin, actuarán de acordo coas instruccións establecidas pola citada Intervención Xeral con obxecto de facilita-la súa actuación.

2.-A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes poderá acordar, cando o considere oportuno, a inspección e supervisión dos expedientes de gasto e a correcta aplicación das previsións orzamentarias, con especial incidencia no uso dado ás subvencións concedidas pola Administración, de acordo co establecido na lexislación vixente.

Artigo 10.-

1.-Xunto coas contas xerais, cada consello regulador e órgano rector enviará un informe das actividades realizadas no ano anterior e xustificativa dos orzamentos.

2.-Nese informe anual darase unha versión actualizada da denominación, incluíndo as produccións da última colleita ou exercicio e perspectivas da denominación.

Ademais, o informe terá que comprende-lo grao de execución de cada un dos programas, os obxectivos conseguidos e os feitos máis destacados.

Disposición transitoria

Aqueles consellos reguladores e órganos rectores que non teñan aprobado o programa de control de calidade dos productos amparados, a que se refire o artigo 5º, deberán presentalo para a súa aprobación pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes no prazo máximo de seis meses a partir da data de entrada en vigor desta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para dictar normas que considere necesarias para o mellor desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1995.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO

CADRO DE PARTIDAS DE USO MÁIS

HABITUAL POLOS CONSELLOS REGULADORES

INGRESOS

CAPÍTULO 3: TAXAS, PREZOS PÚBLICOS E OUTROS INGRESOS.

ARTIGO 30: Venda de bens:

301: Venda de publicación

302: Venda de papel

304: Venda de productos agropecuarios

309: Venda doutros bens

ARTIGO 31: Prestación de servicios:

3110: Prestacións doutros servicios

ARTIGO 33: Taxas parafiscais:

356: Taxas parafiscais. Ordenación e defensa da industria agropecuaria. Agricultura.

01) Exacción anual sobre plantacións inscritas nos rexistros. Art. 90 A

02) Exacción sobre productos amparados. Art. 90 B.

03) Exacción por dereitos de expedición de certificados e visados de facturas. Art. 90 C.

04) Exacción por venda de precintas. Art. 90 C.

ARTIGO 38: Reintegros.

380: Reintegro de exercicios correntes

381: Reintegro de exercicios pechados

ARTIGO 39: Outros ingresos

390: Outros ingresos. Sancións

391: Outros ingresos. Recargo de constrinximento

393: Outros ingresos. Recursos eventuais

394: Outros ingresos. Xuros de demora

CAPÍTULO 4: TRANSFERENCIAS CORRENTES.

ARTIGO 40: Da Administración do Estado.

ARTIGO 45: De comunidades autónomas.

ARTIGO 46: De corporacións locais.

ARTIGO 47: De empresas privadas.

ARTIGO 48: De familias e institucións sen fins de lucro.

CAPÍTULO 5: INGRESOS PATRIMONIAIS.

501: Xuros de títulos valores

511: Xuros de anticipos e préstamos concedidos

521: Xuros de depósitos en c/c

531: Dividendos e participacións en beneficios

541: Renda de inmobles

581: Outros ingresos patrimoniais

CAPÍTULO 6: ALLEAMENTO DE INVESTIMENTOS REAIS.

601: Venda de terreos

602: Venda doutros investimentos

CAPÍTULO 7: TRANSFERENCIAS DE CAPITAL

ARTIGO 70: Da Administración do Estado.

ARTIGO 75: De comunidades autónomas.

ARTIGO 76: De corporacións locais.

ARTIGO 77: De empresas privadas.

ARTIGO 78: De familias e institucións sen fins de lucro.

GASTOS

OPERACIÓNS CORRENTES

CAPÍTULO 1: GASTOS DE PERSOAL.

ARTIGO 13: Laborais.

130: Labois fixo

1300: Retribucións básicas

1301: Outras retribucións

131: Laborais eventuais

1310: Rebribucións básicas

1311: Outras retribucións

ARTIGO 14: Outro persoal.

ARTIGO 15: Incentivos ó rendemento.

150: Productividade

151: Gratificacións

ARTIGO 16: Cotas, prestacións e gastos sociais a cargo do empregador.

160: Cotas sociais

161: Prestacións sociais

CAPÍTULO 2: GASTOS EN BENS CORRENTES E SERVICIOS.

ARTIGO 20: Arrendamentos.

200: Terreos e bens naturais

202: Edificios e outras construccións

203: Maquinaria, instalacións e utensilios

204: Material de transporte

209: Outro inmobilizado material

ARTIGO 21: Reparacións e conservación.

212: Edificios e outras construccións

213: Maquinaria, instalacións e utensilios

214: Material de transporte

ARTIGO 22: Material, subministracións e outros.

220: Material de oficina

2200: Ordinario non inventariable

2201: Mobiliario e outro material

2202: Prensa, revistas e publicacións periódicas

2203: Libros e outras publicacións

2204: Material informático

221: Subministracións

2210: Auga, luz,....

2211: Gasolina,....

2212: Vestiario

2213: Productos alimentarios

2214: Productos farmacéuticos

222: Comunicacións

223: Transporte

224: Seguros

225: Tributos

226: Gastos diversos

227: Traballos realizados por outra empresa

ARTIGO 23: Indemnizacións por razón do servicio.

230: Axudas de custos.

231: Locomoción

232: Traslados

ARTIGO 24: Servicios novos.

240: Arrendamentos

241: Reparación e conservación

242: Material, subministracións e outros

CAPÍTULO 3: GASTOS FINANCEIROS.

ARTIGO 32: Préstamos e anticipos

320: Xuros de préstamos e anticipos

3205: De comunidades autónomas

3206: De corporacións locais

3207: De empresas privadas

3208: De familias e institucións sen fins de lucro

ARTIGO 33: Depósitos, fianzas e outros.

339: Outros gastos financeiros

CAPÍTULO 4: TRANSFERENCIAS CORRENTES

ARTIGO 45: A comunidades autónomas.

ARTIGO 47: A empresas privadas.

ARTIGO 48: A familias e institucións sen fins de lucro.

OPERACIÓNS DE CAPITAL

CAPÍTULO 6: INVESTIMENTOS REAIS.

ARTIGO 60: Proxectos de investimento novo.

600: Terreos e bens naturais

602: Edificios e outras construccións

603: Maquinaria, instalacións e utensilios

604: Material de transporte

605: Mobiliario e outro material

606: Equipos para procesos de información

607: Equipos destinados a uso xeral

608: Outro inmobilizado material

609: Inmobilizado inmaterial

CAPÍTULO 7: TRANSFERENCIAS DE CAPITAL.

ARTIGO 75: As comunidades autónomas.

ARTIGO 77: A empresas privadas.

ARTIGO 78: A familias e institucións sen fins de lucro.

CAPÍTULO 9: PASIVOS FINANCEIROS.

ARTIGO 92: Amortización de préstamos.

(Nota: Realizaranse sumas parciais dos conceptos de cada artigo e dos artigos de cada capítulo. Tamén se fará o resumo dos capítulos de ingresos e gastos).