Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública as solicitudes da entidade mercantil Electra del Gayoso, S.L. con enderezo na r/ Casais, 20, Vimianzo (A Coruña), para a autorización administrativa das instalacións que seguen:
Liña eléctrica, aérea, de baixa tensión a 380/220 V, sobre apoios de formigón e conductor RZ, de 1.186 m de lonxitude, con orixe no C.T.
Camelle-praia e C.T. Camelle-porto discorre alimentando ós abonados de r/ Camelle de Arriba e r/ Tarasca. Camariñas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.
A Coruña, 10 de xaneiro de 1995.
Juan I. Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña