Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 200/1994).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública as solicitudes da entidade mercantil Electra del Gayoso, S.L. con enderezo na r/ Casais, 20, Vimianzo (A Coruña), para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Liña eléctrica de baixa tensión a 380/220 V, sobre apoios de formigón e conductor RZ, de 1.087 m de lonxitude, con orixe no C.T. Camelle-porto discorre alimentando ós abonados dos lugares de Pirica, Rociñas e Fornelle. Camariñas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 10 de xaneiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña