Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995 pola que se anuncian, polo sistema de adxudicación directa, as obras de interconexión de telefonía e datos para o campus de Elviña, A Coruña.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de adxudicación directa, a obra que se cita:

-Interconexión de telefonía e datos para o campus de Elviña. A Coruña.

-Orzamento de licitación: 16.079.079 ptas. (dezaseis millóns setenta e nove mil setenta e nove pesetas).

-Prazo de execución: 1 mes.

-Sen clasificación.

Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estará de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das dez ás catorce horas. Tamén se poderá examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións.-Rematará ás 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación de proposicións.-No rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela.

Documentación que presentarán os licitadores.-No sobre A, económica, na forma que determine a cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares, específico de cada contrato.

No sobre B, administrativa, na forma que determina a cláusula 7.2 do prego das administrativas particularse, específico de cada contrato.

Exame da documentación.-A mesa de contratación cualificará a documentación do sobre B ó día seguinte da terminación do prazo.

Apertura de proposicións.-Será realizada pola mesa de contratación ás 12 horas do terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1995.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria