Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de febreiro de 1995 pola que se notifica a resolución do recurso ordinario polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e devolto polo servicio de correos por ser refusado polo seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecidos que se sinalan no anexo á resolución do recurso interposto, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, do 28 de marzo de 1994, polo que se denegou a aprobación provisional do expediente nº O-VR-1952/93, para a rehabilitación dunha vivenda rural, da que a súa parte dispositiva di:

«Estima-lo recurso ordinario nº V-0851/94 interposto por Adolfo García Pizarro contra a resolución do delegado provincial do IGVS en Ourense, do 28 de marzo de 1994, pola que se denegou a aprobación provisional do expediente nº O-VR-1952/93 para a rehabilitación dunha vivenda en Bóveda-Vilar de Barrio, Ourense; resolución que se revoga con remisión do expediente á Delegación Provincial do IGVS en Ourense para que á vista da documentación obrante nel se outorgue, de se-lo caso, a aprobación provisional.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para que poidan examina-lo expediente na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, rúa Sáenz Díez, nº 43.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela a dez de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda