Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.141

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de corrección de erros da revisións alarial do convenio colectivo de Empresa Pereira, S.L.

Vista a publicación da resolución da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Pereira, S.L, publicado no DOG nº 38 de data 23-2-1995, e advertido erro material na súa publicación, procede dictar resolución segundo os seguintes

ANTECEDENTES DE FEITO

Único.-Na data 23-2-1995 publicouse no DOG a revisión desta delegación provincial, da revisión salarial do convenio colectivo de Empresa Pereira, S.L., sen publicarse a táboa salarial para o ano 1995, obxecto da devandita revisión, e de obrigado coñecemento e publicación no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que a mesma conseguise eficacia erga omnes, erro material que se trata de emendar coa presente resolución.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

Único.-Conforme o artigo 105.2 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a Administración poderá rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos polo que procede rectifica-los erros materiais descritos nos antecedentes de feito.

Por todo o que, esta delegación provincial, no uso das súas facultades,

Acorda rectifica-lo erro material padecido na publicación da resolución desta delegación provincial na revisión salarial do convenio colectivo da empresa Pereira, S.L., segundo queda descrito no antecedente de feito único da presente resolución, e en consecuencia solicitar da Consellería da Presidencia e Administración Pública, a publicación da táboa salarial para o ano 1995, da devandita revisión, no Diario Oficial de Galicia, que se xunta coa presente resolución.

No caso de producirse novas categorías profesionais, asimilaranse a outras xa existentes, mentres non se recolla a súa categoría na próxima táboa.

Notifíquese a presente resolución ó secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e ás partes asinantes do devandito convenio.

En Vigo o 24 de febreiro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra