Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.139

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de revisión salarial do convenio Unión de Empresas Madereras.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio Unión de Empresas Maderas, que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 17-2-95, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo Comité de Empresa, de conformidade co disposto no xa citado corpo legal, art. 90.2 e 3 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2.412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro: Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo: ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro: dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de febreiro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo de traballo para aglomerados

de madeira da empresa Unemsa

Revisión o 1-1-1995 (en cumprimento do art. nº 5 do convenio).

Art. 18º Antigüidade:

Consistirá en quinquenios en contía de 4.334 ptas. mensuais, igual para tódalas categorías. A data inicial de cómputo de antigüidade será a de ingreso do traballador na empresa calquera que sexa a categoría coa que ingrese.

Unicamente non se computará para antigüidade o tempo en que se permanece en situación de excedencia voluntaria.

A antigüidade comezarase a devengar a partir do día 1 do mes seguinte a aquel en que se cumpre o quinquenio.

Art. 19º Pluses:

a) Plus de nocturnidade: os traballadores que presten os seus servicios entre as 22 e 6 horas percibirán un 25% do seu respectivo salario de convenio en concepto de plus de nocturnidade, por cada xornada traballada.

b) Plus de tres quendas: os traballadores en réxime de tres quendas de traballo con descanso dominical percibirán por cada mes traballado neste réxime a cantidade de 6.089 ptas.

e) Plus de traballo ininterrompido: os traballadores en réxime de tres quendas de traballo con catro quendas de persoal percibirán por este concepto 20.930 ptas. mensuais.

d) Plus de xornada partida: os traballadores en réxime de xornada partida percibirán por este concepto 3.145 ptas. mensuais.

Art. 23º Quebranto de moeda:

Os pagadores percibirán por este concepto a cantidade de 4.412 ptas. mensuais.

Art. 26º Mellora social:

Todo o persoal que traballe a xornada partida poderá realiza-lo xantar no bar, e seralle deducido do importe total da comida a cantidade de 475 ptas., por seren estas aboadas pola empresa, a partir do día 1 de xaneiro de 1995.

Art. 32º Plus de locomoción:

Establécese un plus de locomoción para tódolos traballadores por uns importes que figuran nas táboas anexas. O dito plus estará referido a días efectivos de traballo polo que, de se producir algunha ausencia ó mesmo que non encaixe dentro daqueles supostos nos que a empresa está obrigada a aboa-la retribución completa, descontarase a parte proporcional correspondente ós días de ausencia no mes, en relación cos días laborables del, ata un máximo de 10.654 ptas.

Art. 39º Transporte:

A empresa aboará ós que teñan o seu domicilio a máis de 2 km do centro de traballo, a cantidade de 8,16 pts./km. e figurará na nómina separado do plus de locomoción.