Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.138

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de revisión salarial do convenio colectivo de industrias de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo de industrias de carpintería e ebanistería, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-2-95, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Carpintería, e da parte social, por Comisións Obreiras, Unión Xeral de Traballadores e Converxencia Intersindical Galega, e de conformidade co disposto no xa citado corpo legal, art. 90.2 e 3 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2.412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro: Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación as representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo: ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro: dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de febreiro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Na Coruña, sendo as trece horas do día 3 de febreiro de 1995, nos locais da Asociación de Empresarios sitos en Federico Tapia, nº 11, 1º D. A Coruña.

Están presentes as dúas representacións das partes empresarial e social da comisión negociadora do convenio colectivo de carpintería e ebanistería da Coruña.

O motivo da reunión é darlle cumprimento ó artigo 52 do convenio colectivo no referente á revisión salarial para o ano 1994.

ACORDAN

Incrementar tódolos conceptos económicos nun 0,55% ó se-lo IPC establecido polo INE superior, o 31 de decembro de 1994, ó 3,75% respecto ó mesmo día de 1993. O devandito IPC estableceuse nun 4,3%.

Este incremento terá carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 1995.

Nos anteriores termos queda aprobado por unanimidade o incremento do convenio colectivo referido ó sector de carpintería e ebanistería da Coruña, que se presentará por calquera das partes coas sinaturas dos compoñentes desta comisión, para o seu correspondente rexistro.

Empresarios: Cándido Hermida Campos, Ramón Caramés Seoane e Antonio de Castro Goyanes.

Traballadores: Jesús María Calvo Romero (UXT), Ezequiel Cancela Martínez (CIG) e Luis del Camino (CC.OO.).