Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.131

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 116/1994 (52.643)).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Modificación do proxecto denominado L.M.T. saídas da subestación de Cesuras, consistente no establecemento de:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, en cuádruple circuíto, nos 178 m primeiros e en dobre circuíto outros 208 m enlazando a 1ª saída coas liñas que se dirixen a Curtis e Oza dos Ríos respectivamente e a Mesía e Boimorto a 2ª saída.

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, en dobre circuíto, sobre apoios de formigón e conductor LA-110, de 3.587 m de lonxitude, con orixe na 2ª saída da anterior liña subterránea, discorrendo polos municipios de Cesuras e Mesía.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 17 de febreiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña