Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.131

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 173/1994 (52.603)).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 de 3(1x150) mmAl, de 519 m de lonxitude, con orixe no C.T. Baiúca (expediente 52.510) e remate no C.T. centro de saúde.

-Centro de transformación en centro de saúde, tipo interior, de 630 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios formigón e conductor RZ de 657 m de lonxitude. Arteixo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 17 de febreiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña