Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.130

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 170/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 15/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 175 m de lonxitude, con orixe na liña Palmeira-Boiro (expediente 6.042) e remate en C.T. a instalar en Taragoña.

-Centro de transformación en edificio prefabricado formigón, de 400 kVA e tensións 20/0,380-0,220 kV,

do que sae rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor RZ de 150, 95, 50 e 25 mm, de 4.555 m de lonxitude discorrendo polos lugares de Taragoña, Iñobre e Fachán. Rianxo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 14 de febreiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña