Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 1995 Páx. 2.130

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 169/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 559 m, de lonxitude, con orixe na liña Padrón-Ponte Ulla e remate en Manteles.

-Centro de transformación aéreo, sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Manteles, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor RZ de 95 e 25 mm, de 1.946 m de lonxitude. Vedra.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 14 de febreiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña