Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 1995 Páx. 2.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación dos servicios de limpeza dos centros para servicios sociais de Pontevedra.

De conformidade co disposto nos artigos 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Esta delegación provincial resolve publica-las adxudicacións do servicio de limpeza nos centros que a continuacián se relacionan, anunciados a concurso público no DOG nº 251, do 30 de decembro de 1994.

-Residencia da terceira idade do Meixoeiro. Adxudícaselle á empresa Linorsa, polo importe de catorce millóns trinta e seis mil pesetas (14.036.000 ptas).

-Residencia da terceira idade e centro social de Marín. Adxudícaselle á empresa Eulen, S.A., polo importe de oito millóns setecentas dezaoito mil novecentas noventa e seis pesetas (8.718.996 ptas.).

-Centro social do Calvario. Adxudícaselle á empresa Eulen, S.A., polo importe de (4.999.907 ptas.) catro millóns novecentas noventa e nove mil novecentas sete pesetas.

-Centro social de Rivera Atienza. Adxudícaselle á empresa Linorsa, polo importe de (2.460.128 ptas.) dous millóns catrocentas sesenta mil cento vinte oito pesetas.

-Centro social de Teis. Adxudícaselle á empresa Eulen, S.A., polo importe de (3.257.595 ptas.) tres millóns duascentas cincoenta e sete mil cincocentas noventa e cinco pesetas.

-Centro social de Coia. Adxudícaselle á empresa Eulen, S.A., polo importe de (2.225.300. ptas.) dous millóns duascentas vintecinco mil trescentas pesetas.

-Centro social de Baiona. Foi declarado deserto.

-Centro base de minusválidos de Vigo. Adxudicaselle á empresa Francisco Fernández Lijó, polo importe de (2.508.000 ptas.) dous millóns cincocentas oito mil pesetas.

-Fogar da terceira idade de Pontevedra. Adxudícaselle á empresa Eulen, S.A., polo importe de (3.228.203 ptas.) tres millóns duascentas vinteoito mil duascentas tres pesetas.

-Fogar da terceira idade de Redondela. Adxudícaselle á empresa Francisco Fernández Lijó, polo importe de (1.108.371 ptas.) un millón cento oito mil trescentas setenta e unha pesetas.

-Centro de base de minusválidos de Pontevedra. Adxudícaselle á empresa Eulen, S.A., polo importe de (2.757.700 ptas.) dous milláns setecentas cincoenta e sete mil setecentas pesetas.

-Área de servicios sociais. Adxudícaselle á empresa Linorsa, polo importe de (2.294.248 ptas.) dous millóns duascentas noventa e catro mil duascentas corenta e oito pesetas.

Vigo, 1 de febreiro de 1995.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Miguel Angel Vázquez Ares

Delegado provincial de Pontevedra