Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 1995 Páx. 2.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público sucesivo para a subministración de mobiliario clínico con destino a diversos centros de saúde (SCS.-8195).

0 Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

I.-Subministración: mobiliario clínico para diversos centros de saúde.

II.-Orzamento: 18.190.800 ptas.

III.-Forma de adxudicación: concurso público.

IV.-Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse segundo o previsto na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas particulares.

V.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e a disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

VI.-Fianza provisional: 363.816 pesetas.

VII.-Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro Xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle o órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

VIII.-Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo de San Caetano, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contados a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

IX.-Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran na cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

X.-Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos