Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 1995 Páx. 2.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre modificación, disolución e cancelación das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das modificacións, disolucións e cancelacións das sociedades agrarias de transformación, conforme o Real decreto 1.776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988 inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, que se cita.

A modificación de:

A sociedade agraria de transformación Piscifactoría del Eo, SAT Pisceo nº 743, por asemblea universal celebrada o 2-1-95 e por unanimidade acordan nomear xerente da sociedade a José Bretón Fernández en documento notarial.

A disolución de:

A sociedade agraria de transformación Villarrel-Castrofeito-El Pino S.A.T. nº 3.840 por acordo da asemblea xeral celebrada o 31-12-94 e por unanimidade, solicitan a súa disolución nomeando a comisión liquidadora.

A cancelación de:

A sociedade agraria de transformación Villarrel-Castrofeito-El Pino S.A.T. nº 3.840, por acordo da asemblea xeral do 16-2-95 e por una

nimidade, solicitan a súa cancelación no Rexistro Xeral de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia. Revisada a súa documentación queda cancelada.

A sociedade agraria de transformación Hortalizas Villaverde S.A.T. nº 778 XUGA, por acordo da asemblea xeral do 31-12-94 e por unanimidade, solicitan a súa cancelación no Rexistro Xeral de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia. Revisada a súa documentación, queda cancelada.

A sociedade agraria de transformación Visantoña S.A.T. nº 827 XUGA, na asemblea xeral do 28-3-94 adoptou o acordo de transformarse en sociedade cooperativa limitada, en virtude da disposición adicional terceira, da Lei 3/1987, do 2 de abril, xeral de cooperativas. Solicitada a súa cancelación neste Rexistro de SS.AA.TT., unha vez revisada a documentación presentada, procédese a cancelar, mantendo a nova cooperativa a personalidade xurídica e garantindo o cumprimento dos compromisos contraídos con terceiros.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes