Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 1995 Páx. 2.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 2 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se somete ó trámite de información pública o levantamento de actas previas correspondente ó expediente 3.269 A.T.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto 27/1995 (Diario Oficial de Galicia nº 23, do 2 de febreiro de 1995) a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, indicados na relación que se publicou no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 23-3-94 faise saber a tódolos afectados, pola execución dos proxectos que a seguir se indican, propiedade da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, 4.

Liña eléctrica 20 kV ó C.T. de Gontariz, no concello de Mondoñedo, expediente nº 3.269 A.T.

Que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo o levantamento das actas previas a ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 22-3-94 e expostas nos taboleiros oficiais das casas do concello e no desta delegación provincial, sita en Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14.

Advírtese os interesados afectados, que serán ademais notificados individualmente señalándolles día e hora para o levantamento das actas que poderán formular alegacións por escrito ante esta delegación ata o momento de levanta-las mesmas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 2 de febreiro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo