Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 1995 Páx. 2.111

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995 pola que se anuncia a celebración da V xornada sobre o Estatuto de autonomía de Galicia.

A EGAP, no, seu afán de promocionar e divulgar estudios e investigacións sobre a nosa norma institucional básica, vén organizando cada ano e desde 1991 con motivo do X aniversario da promulgación do Estatuto unhas xornadas e creou dentro das súas publicacións a colección Estatuto.

En execución do seu plan de formación para 1995 anuncia a celebración da V Xornada sobre o Estatuto de autonomía de Galicia que se celebrará conforme as seguintes bases:

1ª-Obxectivos: o estudio e debate de asuntos rela cionados co desenvolvemento do Estatuto de autonomía de Galicia.

2ª-Destinatarios: funcionarios das administracións públicas, profesionais do dereito e da ciencia política, estudiantes universitarios e interesados en xeral.

3ª-Lugares e datas:

-Na cidade de Ourense: 5 de abril.

-Na cidade de Lugo: 5 de abril.

4ª-Horario: de 10 a 13.30 e de 17 a 19 horas.

5ª-Prazas: limitadas á capacidade dos respectivos locais.

6ª-Contido: versará sobre temas relacionados co Estatuto de autonomía de Galicia.

7ª-Inscrición.

-Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral da EGAP Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4. 15703 Santiago de Compostela. Telf. 57 08 00. Fax 57 15 40.

-Forma: segundo modelo oficial que figura ó final desta convocatoria.

-Prazo: remata o 3 de abril.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1995.

Xaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública