Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 1995 Páx. 2.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1995 pola que se da cumprimento ó acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de decembro de 1994, en materia de cobertura das continxencias derivadas dos riscos profesionais do persoal da Xunta de Galicia pertencente á Seguridade Social, e se determina a mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais na que recae a asociación da Xunta de Galicia para os ditos fins, logo da convocatoria pública e concorrencia de proposicións publicada mediante a Resolución do 5 de decembro de 1994 (DOG nº 244, do 21 de decembro).

Vista a proposta formulada pola comisión avaliadora da documentación presentada polas mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social concorrentes ó proceso de selección convocado mediante resolución desta consellería do 5 de decembro de 1994 (DOG nº 244, do 21 de decembro).

Considerando o acordo do Consello da Xunta do día 2 de decembro de 1994, que no seu parágrafo segundo faculta o conselleiro da Presidencia e Administración Pública para a instrumentación e desenvolvemento dos procedementos e trámites conducentes á asociación da Xunta de Galicia con mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social co fin de ampara-las continxencias derivadas dos riscos profesionais do persoal ó servicio da Comunidade Autónoma.

Considerando así mesmo o contido da resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de decembro de 1994, que desenvolve o precitado acordo e concretamente no disposto nas bases 6.2 e 8.3 da referida disposición.

Realizados os procedementos, trámites e avaliación previstos na última disposición citada,

RESOLVO:

Promove-la asociación da Xunta de Galicia coa mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social número 201, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, con domicilio social na avenida de Rubine, 20-1º da Coruña.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública