Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.083

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1995 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica e Organización Escolar, a María del Carmen Vázquez Alemán (praza 1.217/1994).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 30 de marzo de 1994 (BOE do 25 de abril de 1994) para a provisión da praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica e Organización Escolar, desta Universidade de Santiago de Compostela, a favor de María del Carmen Vázquez Alemán, cumprindo a interesada os requisitos a que alude o apartado 2 do art. 5 do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo art. 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María del Carmen

Vázquez Alemán profesora titular de universidade da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica e Organización Escolar, desta Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1995.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela