Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.083

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1995 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de historia antiga a Víctor Alonso Troncoso.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 21 de marzo de 1994 (BOE do 12 de abril) para a provisión da praza número 94/002 de catedrático de universidade da área de coñecemento de historia antiga desta universidade, a favor de Víctor Alonso Troncoso, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o apartado 2 do art. 5º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo art. 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Víctor Alonso Troncoso catedrático de universidade da área de coñecemento de historia antiga desta universidade.

A Coruña, 22 de febreiro de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña