Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.082

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1995 pola que se anuncia a publicación das listas provisionais de admitidos e excluídos para os cursos IV, V, VI, VII e VIII para a obtención do diploma de directivo.

A comisión de selección dos participantes nos cursos IV, V, VI, VII e VIII para a obtención do diploma de directivo da Xunta de Galicia convocados por Resolución do 16 de xaneiro de 1995 (DOG nº 14, do 20), acordou na súa reunión do día 10 de marzo de 1995, facer públicas as listas provisionais de admitidos e excluídos.

En consecuencia esta dirección, resolve:

1º Anunciar que as listas provisionais de excluídos, así como as de admitidos coas puntuacións correspondentes á fase de baremo, estarán expostas nas seguintes oficinas: Escola Galega de Administración Pública, Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública. A lista definitiva dos participantes publicarase só no taboleiro de anuncios da EGAP.

2º Dar un prazo de cinco días naturais, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que se formulen as alegacións que se estimen necesarias.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1995.

P.D. (Resolución 5-5-1992)

José Antonio Frutos Páez

Secretario xeral da Escola Galega de Administración

Pública