Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.082

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1995 pola que se modifica a composición da comisión de selección dos participantes no curso para a obtención do diploma de inspección de servicios da Xunta de Galicia.

Vista a renuncia presentada por José Antonio Frutos Páez, secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública, para desempeña-lo posto de secretario da Comisión de selección dos participantes no curso para a obtención do diploma de inspección de servicios da Xunta de Galicia, convocado por Resolución do 9 de xaneiro de 1995 (DOG nº 12 do 18 de xaneiro de 1995), resolvo designar no seu lugar a Manuel E. Martínez Oubiña, como secretario de dita comisión.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública