Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.082

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da adhesión do convenio colectivo da empresa Progreso de la Gestión Empresarial Empresa de Trabajo Temporal, Sociedad Limitada ó primeiro convenio colectivo de traballo de Adia Intergrup Empresa de Trabajo Temporal, S.A.

Visto o expediente de adhesión da empresa Progreso de la Gestión Empresarial Empresa de Trabajo Temporal, Sociedad Limitada, situada na provincia de Pontevedra, ó primeiro convenio colectivo de traballo de Adia Intergrup Empresa de Trabajo Temporal, S.A., publicado no BOE número 207, do 30 de agosto de 1994, expediente incoado en virtude da acta de adhesión subscrita por unha representación da empresa e dos traballadores en data 31-12-1994, de conformidade co disposto nos artigos 90.2 e 3 e 92 da Lei 81/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, modificada pola Lei 11/1994, do 19 de maio, Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2.412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeira.-Autoriza-la adhesión da empresa Progreso de la Gestión Empresarial Empresa de Trabajo Temporal, Sociedad Limitada ó primeiro convenio colectivo de traballo de Adia Intergrup Empresa de Trabajo Temporal, S.A., publicado no BOE nº 207, do 30-8-1994, con efectos desde o 1-1-1995 ó 30-6-1995, ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social asinantes na adhesión.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 20 de febreiro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra