Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.083

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (248/1994).

En virtude do acordado en autos de procedemento de xustiza gratuíta número 248/1994, por medio do presente notifícase a sentencia dictada neles, cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue.

«Sentencia. Santiago de Compostela, catorce de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e do seu partido, os presentes autos incidentais, substanciados perante este xulgado polos trámites do xuízo verbal co número 248 de 1994, por dependencia do proceso de menor contía número 242/1994, entre as partes: dunha, como demandante, María Rosa Rey Abel, maior de idade, separada, veciña de Teo, con domicilio no edificio Monte Carmelo, bloque B-3, representada en quenda de oficio pola procuradora Goimil Martínez, asistida pola letrada Millán Acosta; doutra, como demandado, Jesús Dopazo Rial, incomparecido e en situación procesual de rebeldía; e con intervención do avogado do Estado; sobre beneficios de xustiza gratuíta.

Decido que, estimando a demanda formulada pola procuradora Goimil Martínez, en nome e representación de María Rosa Rey Abel, debo declarar e declaro o dereito desta última a xustiza gratuíta co obxecto de interpor demanda contra Jesús Dopazo Rial, sobre liquidación da sociedade legal de gananciais, que se substanciará polos trámites do xuízo declarativo de menor contía, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 da Lei de axuizamento criminal, declarando de oficio as custas causadas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facendo saber ás partes que non é firme, e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días por ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.».

Para que sirva de nofificación ó demandado Jesús Dopazo Rial, incomparecido e declarado en rebeldía, expido, selo e asino o presente en Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1995.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado