Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.074

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.197 A.T)

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Eustasio Castelao Castiñeiras, con domicilio en zona industrial Campiña, 114, Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. e C.T. subministración estación servicio en Ribeira de Piquín, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Eustasio Castelao Castiñeiras a instalación de liña de media tensión, 20 kV, con conductor LA-30, apoios de formigón, cunha lonxitude de 190 metros, con orixe na L.M.T. Chao-Galegos e final no C.T. da estación de servicio. Centro de transformación aéreo, 50 kVA, 20.000, 380/220 V.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 17 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo