Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.074

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1994, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3.934 A.T)

Visto o expediente incoado na Sección de Industria desta delegación provincial, a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificación na r/ Sáenz Díez, 95 (Ourense), no que solicita autorización e declaración, en concreto, de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de alta tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2.617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2.619/1966, sobre expropiación forzosa e sanción en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no R.d. 2.563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas,

Esta delegación provincial resolveu:

Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da instalación eléctrica no concello de Carballeda de Valdeorras, coas seguintes características principais:

Liña aérea, a 20 kV, de 4.305 m de lonxitude, en conductor LA-56, derivada desde o apoio nº 20 da liña xeral á Medua, e rematará no apoio 52 da L.M.T. Alixo-Sobradelo.

Liña aérea, a 20 kV, de 2.164 m de lonxitude, en conductor LA-56, derivada desde un apoio da liña proxectada Portela-Lardeira, e rematará no apoio 1 da L.M.T. xeral á Medua.

Liña aérea, a 20 kV, de 1.024 m de lonxitude, en conductor LA-56, derivada desde o apoio nº 1 da liña xeral á Medua, e rematará no C.T. aéreo de San Xusto.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e o seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres non conte o peticionario dela coa aprobación do seu proxecto de execución, logo de cumprimento dos trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro.

Ourense, 5 de outubro de 1994.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense