Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1995, da Inspección Xeral de Servicios, pola que se nomea director do terceiro curso para a obtención do diploma de inspección de servicios.

Por Orde do 6 de maio de 1992 (DOG nº 88, do día 11) regúlase o diploma de inspección de servicios, no que se establece que para o desempeño dos postos de traballo de inspectores e subinspectores da Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, será requisito necesario estar en posesión do diploma de inspección de servicios expedido pola Escola Galega de Administración Pública.

Segundo dispón o artigo 2 da citada orde será preciso seguir con resultado favorable o curso que periodicamente convoque para tal efecto a Escola Galega de Administración Pública, engadindo o artigo 5 que o director do curso será nomeado polo director xeral da Inspección Xeral de Servicios.

Convocado por Resolución do 9 de xaneiro de 1995 (DOG nº 12, do 18) o terceiro curso para a obtención do diploma de inspección de servicios da Xunta de Galicia.

RESOLVO:

Nomear director do terceiro curso para a obtención

do diploma de inspección de servicios a Luis Echevarría Ariznabarreta.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 1995.

Jaime Bouzada Romero

Inspector xeral de Servicios