O 23 de febreiro de 1995 a Dirección Xeral da Función Pública recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000064/1995 interposto por Manuel Dobarro García contra a Orde do 25 de outubro de 1994, da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, sobre modificación da relación de postos de traballo do persoal de corpos e escalas da Lei 17/1989.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procecemento, que son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1995.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública