Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.074

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 140/1994 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Sestelo y Cía., S.A., con domicilio en Ponteareas, no que solicita autorización para instalar un C.T. en Ribadetea-Urbanización A Freixa, concello de Ponteareas, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Sestelo y Cía., S.A. a instalación de un C.T. en Ribadetea-Urbanización A Freixa, concello de Ponteareas.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 3 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra