Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 1995 Páx. 2.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público polo procedemento de urxencia para a contratación das obras de construcción dun centro de saúde en Campelo-Poio (Pontevedra).

-Obra: construcción dun centro de saúde en Campelo-Poio (Pontevedra).

-Orzamento: 58.447.919 ptas.

-Prazo de execución: 9 meses.

-Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría D.

-Fianza definitiva: 2.337.917 ptas.

Exposición de proxectos:

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na D.X. de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou as direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo quinto día hábil a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no art. 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores:

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 7.3 do prego de cláusulas administrativas polas que se rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 7.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Eco

nómicos, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso púbico serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1995.

P.D. (Decreto 199, 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos