Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 1995 Páx. 2.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1995, da Dirección Xerencia do complexo hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia concurso público número 1S/1995, baixo a configuración de contrato administrativo especial, para a contratación do servicio de cafetería-comedor do complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do complexo hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º f) da orde da Consellería de Sanidade y Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso público:

I. Obxecto.-Contratación do servicio de cafetería-comedor do complexo hospitalario, coa execución previa por conta do adxudicatario das obras de remodelación e acondicionamento do edificio no que irá instalado, e de conformidade coas condicións previas e básicas fixadas pola Administración.

II. Prazo de execución.-O prazo máximo de execución das obras de remodelación establécese en sete meses (7 meses), contados desde o momento da adxudicación definitiva.

III. Fianza provisional.-Dous millóns seiscentas corenta mil pesetas (2.640.000 ptas.)

IV. Duración do contrato.-O prazo máximo de duración do contrato fíxase en 20 anos, prorrogables de mediar acordo mutuo das partes.

V. Documentos de interese para os licitadores.-O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Sección de Contratación Administrativa do complexo hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14.30 horas no teléfono (986) 81 60 28 e fax (986) 81 60 29.

VI. Presentación de proposicións.-As proposicións, asinadas polo licitador ou persoa que o represente, deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, no rexistro xeral do complexo hospitalario Xeral-Cíes, antes das 13 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo do xeito indicado no artigo 100 do RXCE.

VII. Apertura de proposicións.-A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

VIII. Documentación que deberán aporta-los licitadores.-Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

IX. Anuncios.-Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 15 de febreiro, de 1995.

Juan José Equiza Escudero

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo