Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 1995 Páx. 2.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia concurso público, para a contratación do servicio de perruquería da Residencia da Terceira Idade As Gándaras de Lugo.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público para a contratación do servicio de perruquería da Residencia da 3ª Idade As Gándaras de Lugo.

l.-Prezo mínimo de explotación: 15.000 pesetas.

2.-Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación técnica poderán examinarse no Servicio de Administración e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo de San Caetano), e no Servicio de Axudas e Programas da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, sita en Doutor García Portela, nº 11 durante o prazo de presentación de proposicións desde as 10 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados.

3.-As proposicións económicas axustaranse ó modelo establecido que figura unido ó prego de cláusulas administrativas particulares.

4.-Lugar: a presentación de proposicións farase no Rexistro Xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, en sobres pechados, ou por correo segundo os procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

5.-Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará ó décimo quinto día hábil ás 14 horas.

6.-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións nos locais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, ás 12 horas, en acto público. Se coincidise este día en sábado ou festivo reunirase o primeiro hábil seguinte, á mesma hora.

7.-Documentación que presentarán os licitadores: a esixidá na cláusula 69 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.-0 pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 1 de marzo de 1995.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo