Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 1995 Páx. 2.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA POBRA DE TRIVES

ANUNCIO de licitación.

1.-Obxecto: a contratación, por poxa, das obras Remodelación da rede de abastecemento á Pobra de Trives, fase 1/95-f.c.l. 95.

2.-Tipo de licitación: 10.665.661 pesetas.

3.-Expediente: estará na Secretaría Xeral do Concello, onde poderá ser examinado durante o prazo de presentación de proposicións.

4.-Garantía: a provisional ascende a 213.313 pesetas e a definitiva ó 4% do remate.

5.-Prazo de presentación de propostas: farase no rexistro xeral do concello, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte á derradeira publicación, en horas de nove a catorce.

6.-Apertura de propostas: terá lugar na casa do concello, ás trece horas do día seguinte hábil ó do remate do prazo para a presentación de propostas.

7.-Prazo de execución: tres meses.

8.-Prego de condicións: rexe o prego xeral de condicións aprobado pola corporación, en sesión celebrada o 29 de maio de 1992, publicado no BOP nº 148 do 29 de xuño de 1992.

9.-Modelo de proposición: segundo anexo I.

10.-Clasificación do contratista: categoría C.-E1.

A Pobra de Trives, 8 de marzo de 1995.

Luis Álvarez González

Alcalde

ANEXO I

Modelo de proposición segundo prego de

condicións

D./Dª..., con domicilio en..., rúa... número..., piso.... con DNI nº..., en plena posesión da súa capa

cidade xurídica e de obrar, no seu propio nome ou en representación de... segundo acredita con..., toma parte la contratación das obras de..., por importe de... ptas., e fai constar:

A) Comprométese á execución das obras antes citadas no prezo de ptas... (en letra e número), que significa unha baixa de ptas... (en poxa), en relación co tipo de licitación, con suxeición ó proxecto técnico, anteproxecto ou orzamento (segundo proceda), prego de condicións económicas e prego xeral de condicións, documentos que declara coñecer, aceptando tódalas obrigas que se deriven deles.

B) Baixo a súa responsabilidade declara non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación en materia de contratación administrativa local.

C) Baixo a súa responsabilidade declara estar ó corrente nas súas obrigas tributarias, consonte co disposto polo R.D. 1.462/1986 do 3 de xullo, e de Seguridade Social.

D) Achega, no sobre nº 1, os documentos esixidos no prego xeral de condicións.

A Pobra de Trives..., de... de 1992.

Olicitador

Asdo.: