Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 1995 Páx. 2.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 41/1994).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública as solicitudes da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na r/ Severo Ochoa nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 160 m de lonxitude, en conductor RHV 12/20 kV, de 150 mm en Al, que parte da L.M.T. Boiro-Rianxo e remate no C.T. que se vai construír en urbanización Fincheira, de 2.000 kVA. Concello de Rianxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 8 de febreiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña