Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 1995 Páx. 2.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 165/1994).

Sometida a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica correspondente ó expediente A.T. 165/1994, realizándose a publicación no DOG de data 10-1-1995, e no BOP do 10-1-1995, e sendo necesaria a solicitude de declaración de utilidade pública, é polo que se deixa sen efecto a citada publicación, e para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica, coas seguintes características especiais:

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a subestación de Gondomar ata a L.M.T existente Baiona-Faro Silleiro, xunto ó C.T. Virxe da Rocha, concello de Gondomar e Baiona.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos, con conductor tipo LA-110 e unha lonxitude de 6.114 m.

Orzamento: 29.697.357 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo nº 2, e formular contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 1 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra