Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 1995 Páx. 2.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1995 pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso aberto da obra de clave CV/PO/94.3.

A) Obra.

1. «Alargamento, urbanización e mellora do firme da PO-371 de Vigo a Puxeiros. Treito: Cabral-autovía».

Clave: CV/PO/94.3.

Orzamento: cento setente a oito millóns trescentas oitenta e catro mil setecentas sesenta pesetas (178.384.760).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: Grupo A, subgrupo 2, categoría c.

Grupo E, subgrupo 1, categoría b.

Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Grupo I, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: 3.567.695.

(Declarada urxente con base no establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1.883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4%, do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifida a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou ser enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no art. 100 do Regulamento xeral de Contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposición.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1995.

(P.D.O. do 13 de decembro de 1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda